Saltar ao contido
24/11/2016 / lernolosada

25.N Manifestos contra a violencia de xénero elaborados por alumnas de 4º ESO

Manifesto elaborado por Irene Blanco:

O alumnado do IES da Estrada manifestamos a nosa máis absoluta repulsa ao asasinato de mulleres vítimas da violencia de xénero e o  máis contundente rexeitamento contra todo tipo de violencia machista, a manifestación máis brutal da desigualdade entre mulleres e homes.

DESDE AQUÍ DENUNCIAMOS QUE:

  • Mais de 1000 mulleres son violadas cada ano en España.
  • 700 millóns de mulleres casan sendo nenas no mundo.
  • 681 mulleres foron asesinadas nos últimos 5 anos en España.
  • O 85% das persoas que se someten á cirurxía estética son mulleres.
  • O 98% das vítimas de explotación sexual son mulleres e nenas.
  • O salario das mulleres é un 20% menos có dos homes.
  • As mulleres ocupan só un 22,8% dos postos de poder.
  • 1 de cada 4 mulleres sufriu violencia de xénero.

DESDE AQUÍ RECLAMAMOS QUE:

As mulleres participen de forma igualitaria na sociedade e deixen de estar á cabeza nas cifras de pobreza, así como nas listas de desemprego e que a súa imaxe deixe de ser usada como obxecto de consumo e que sexan visualizadas en todos os espazos sociais e sobre todo que exista unha verdadeira educación non sexista, onde nenas e nenos teñan presente e futuro coas mesmas oportunidades para que desta maneira desapareza a violencia contra as mulleres.

O NOSO COMPROMISO:

  • Consideraremos que homes e mulleres somos iguais en dereitos, oportunidades e coa mesma capacidade de decisión.
  • Rexeitaremos acción violentas, comentarios e/ou chistes que discriminen e/ou denigren a imaxe da muller, así como os discursos sexistas e violentos.
  • Promoveremos unha educación igualitaria no noso contorno (familia, amizades, etc.)
  • Decidiremos libremente sobre a nosa vida sen que ser homes ou mulleres nos impida elixir o que desexamos, sen estereotipos.
  • Compartiremos solidariamente as tarefas doméstica e mais o coidado propio e o das persoas, gañando así en autonomía.
  • Resolveremos os nosos conflitos de xeito non violento.
  • Amosaremos o noso apoio e solidariedade ás mulleres que sexan vítimas da violencia de xénero e illaremos socialmente ao agresor.
  • Traballaremos na erradicación de mentalidades que perpetúen a discrimación das mulleres na sociedade.

img_20161125_1119201Irene Blanco lendo o seu manifesto en Radio Estrada

Manifesto elaborado por Nerea Peleteiro:

Eu  non son inferior. Nin sequera a ciencia me pode dicir o contrario, así que ti menos aínda.

Eu son forte, física e emocionalmente; non vos confundades, podo e vou  pedir axuda se a necesito, pero sei defenderme soa.

Eu son libre. Nada nin ninguén pode quitarme a liberdade, porque é miña  e só miña. Polo tanto, ti non es unha excepción.

Eu son única. E esa  é a cualidade máis bonita que teño, se non a aprecias, alónxate porque é algo que non vai  cambiar. Ninguén o pode cambiar.

Eu teño voz. E vou  falar con quen queira, como queira e onde queira; e vou  berrar e vou  dicir palabrotas, e vou  cantar e vou  sorrir e vou  suspirar… E  ninguén o poderá evitar.

Eu  son importante. Non só para min, tamén o son para a  miña familia e amigos, e eles  sono para min. Vas ter que aprender a respectalo.

Eu son intelixente, por iso non vou  deixar que ninguén me pise, non vou  crer mentiras, non vou  aceptar un “non vai  volver  suceder” ou un “foi sen querer”. Non vou  dar segundas oportunidades porque sei que vallo más que iso.

Eu son sensible. E, aínda así, iso non significa que necesite que me protexas, nin significa que estou esaxerando. Se me fas chorar, non te quero ao meu lado.

Eu son independiente. Podo vivir sen ti, podo valerme por min mesma; se estás comigo é porque o decidín eu, porque te elexín a ti, pero non estou prometendo un “para sempre”, hai moitos máis peixes no mar.

Eu  son guapa.  Os teus insultos non conseguirán facerme dano. Non poderás cambialo, nin poderás facer que o resto das persoas non o aprecien, son tan libres de aprecialo como o fixeches ti un día…Quizais agora si que deberías temer a que te deixe…Por non apreciarme.

Eu son coñecida. E  seguirei sendo para moita máis xente da que poida mencionar; coñecerei aos meus mellores amigos, aos meus peores inimigos e a persoas que só estarán comigo uns minutos en toda a miña vida… Non me vas  privar deste privilexio, non me vas  privar de socializar, de convivir, de relacionarme.

Eu son todo esto e moito máis, e eo a  miña nai, eo a  miña veciña,  as miñas amigas, as  miñas compañeras, as miñas profesoras, a miña doutora, as miñas primas, as miñas tías, a  miña avoa… e todas as avoas deste mundo. Si. Tamén o é a túa  nai, esa que che  deu a vida e á que tanto debes!

Todas somos mulleres e todas valemos o mesmo, quizais penses que es unha apoloxía barata, que a rapaza que está pasando ao teu lado pola rúa non vale o mesmo para ti…

Pero estaste confundindo, todas valemos o mesmo, todas somos unha vida e iso é algo moi valioso.

Sei que o que queres facer non é innato en ti, sei que o tiveches que aprender, non vou  cuestionar cando ou onde, porque non é relevante, só che pido que reflexiones:

Non é sabio o que aprende dos seus erros, é sabio o que aprende dos erros dos demais antes de cometer os seus.

Así que, por favor, non cometas un fallo, non me falles.

Non nos falles.

img_20161125_1121311Nerea Peleteiro lendo o seu texto en Radio Estrada

Deixar un comentario