Skip to content
12/01/2012 / lernolosada

A man do diaño, de Brais Rodríguez

Heladio Anxo

Este cómic gañou o VI premio de Banda Deseñada Castelao 2010, convocado pola Deputación da Coruña. Publicada por demo editorial, foi traducida ao castelán e publicada pola editorial Astiberri.

O autor, Brais Rodríguez, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo xa obtivo outros galardóns a pesar da súa xuventude: GZ-Crea no 2009 ou o Cangas de Morrazo no 2005. Fundador da publicación Carne Líquida, colabora habitualmente na revista Barsowia.

Un grupo se soldados ten a misión de destruír aldeas e matar á xente. Non preguntan, só obedecen as ordes, como din que deben facer os bos soldados. Pero todo cambia cando un deles resulta ferido. Non é un inimigo, é un deles. O pétreo soldado deixa paso ao ser humano que se interroga sobre os seus actos e debe enfrontarse a súa conciencia.

A man do diaño bota unha ollada sobre a guerra, situándonos nun lugar indeterminado onde reina a violencia, que como en calquera conflito bélico real é absurda, non ten sentido.
É unha obra sinxela, curta, que non fai reflexionar sobre nós mesmos, sobre o noso papel nun mundo cheo de violencia, no que os seres humanos semella non ser capaces de vivir sen facerse dano. Unha alegación antibelicista orixinal, onde os silencios das viñetas contan moitas veces máis cos diálogos.

O debuxo plano, en branco e negro, case infantil, alixeira a lectura chea de suxestións. Un dos acertos do cómic é o de non caer no adoutrinamento, deixando que sexamos nós, os lectores, os que interpretemos os acontecementos. Así o explica o autor: “A intención foi que, na viaxe dos soldados, seus inimigos (moi débiles pero existentes) e o entorno puxesen en tea de xuízo o seu comportamento e os seus actos”.

Unha banda deseñada galega, e en galego, que amosa a brillantez dos debuxantes galegos, capaces de narrar con palabras e imaxes as historias máis complexas. Recomendable para todos aos que lle guste poñer en funcionamento as neuronas mentres len. Unha pequena e valiosa alfaia.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: