Skip to content
22/04/2015 / lernolosada

III Festival de Teatro Escolar da Estrada

Información recollida de Catro Gatos

IMG_88131

A sala de xuntas do Concello da Estrada acollía onte a presentación do III Festival de Teatro Escolar organizado pola Aula de Teatro do Antón Losada Diéguez “Avelaíñas Teatro”, xunto coa Asociación A Fervenza de Ouzande e o Concello da Estrada.

O programa deste ano incluirá as seguintes actividades para o vindeiro día 25 de abril: dende ás 16 h. o Teatro Principal acollerá tres obras de teatro a cargo da Aula de Teatro do CPI de Touro, o Obradoiro Municipal de Palas de Rei, a aula de teatro do IES de Melide “Teiroa Teatro” que conxuntamente presentarán a obra “Brincos de Fantasía”.

Ás 18 h. sairá dende a igrexa de Ouzande un roteiro teatral, poético e musical que irá ata os muíños. Por último, ás 20 h. de novo no teatro principal a Escola Municipal de Teatro de Laxe e a Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez representarán “Gorentosadas” para rematar este magnífico día de actividades teatrais.

Segundo explicaron Xosé Eixo, mestre e actor de Avelaíñas Teatro, xunto con Alonso García, director do grupo de teatro, contarán coa axuda da Asociación A Fervenza de Ouzande que participa nesta actividade e o grupo Retrouso que os acompañará durante todo o roteiro coa súa música.

“Esta actividade forma parte dunha rede de festivais que se están a celebrar nos concellos dos centros educativos participantes que comezou en Melide cun festival en Marzo e continuou en Palas de Rei en abril. Agora chégalle o turno a A Estrada e seguirá o seu percorrido en Touro onde comezará o día 9 de maio e dende onde os rapaces viaxarán ademáis a Alcalá de Henares, Cuenca, Valencia e Sagunto.”- explicou Alonso García.

A palabra clave destes festivais é a interrelación e a búsqueda da relación entre alumnos de diversos lugares xeográficos de Galicia, a interrelación entre actores e actrices de diversas idades, de 3 a 100 anos. Tamén hai unha interrelación de xéneros literarios, xa que poderáse contemplar teatro, pero tamén poesía, narrativa, música, todo mesturado nun contorno fantástico como é a Fervenza de Ouzande. Trátase non de competir, senon de mirar de igual a igual e intercambiar experiencias.

Redacción e fotografía: Aroa Martínez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: