Skip to content
17/09/2013 / lernolosada

Instrucións en relación coa Biblioteca: castelos no aire

Heladio Anxo (coordinador do equipo da Biblioteca)

Este luns 2 de setembro publicáronse as Instruccións en relación coa Biblioteca Escolar para o curso 2013/2014 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos que podedes consultar desde o seguinte enlace: TEXTO das INSTRUCIÓNS 

Estas instrucións (orientacións) enviáronse aos equipos directivos coa finalidade de que tiveran en conta a importancia da Biblioteca á hora de organizar o curso, nomeadamente en cuestión de horarios, tanto do responsable, como dos membros do equipo da Biblioteca. Tamén se suxire a adicación de entre un 5% e un 10% do orzamento do centro á Biblioteca. Ademais inclúense nestas instrucións as funcións que debe cumprir a Biblioteca dentro proxecto educativo do Centro, e que xa estaban recollidas noutros documentos.

Non poñemos en dúbida a boa vontade desta iniciativa, pero a súa efectividade cremos que vai ser moi limitada. Nun tempo de recortes de persoal e recursos todo soa a un brinde ao sol. Coa cantidade de traballo que se lle adxudica ao equipo da Biblioteca necesitariamos non menos de dúas persoas con horario completo e outras 7/8 cun mínimo de dúas horas. Convértese, na teoría, á Biblioteca no centro de todas as actividades educativas, responsable de aportar recursos ao profesorado á vez que impulsa actuacións na aprendizaxe de todo tipo de competencias. Unha carga enorme sempre, pero maior nun centro das nosas características, con gran diversidade de alumnado, E ao mesmo tempo, debemos encargarnos da propia organización e xestión dos fondos e dos equipamentos.

Están moi ben as instrucións pero non se poden cumprir, porque non son obrigatorias (todo queda en mans da boa vontade da dirección) e porque non hai profesores suficientes para cubrir as horas lectivas e as gardas, prioridade lóxica dos centros educativos, e os outros grupos de traballo (Abalar, Equipo de Normalización, Biblioteca, etc.). Tede en conta a gran importancia que ten a Biblioteca pero amañádevos co que tedes, xenial!

E así, este curso, o equipo da nosa bibioteca, lonxe de ver aumentada a súa dispoñibilidade horaria, conta con bastantes horas menos que o curso pasado para, segundo a propia Administración, tan importante tarefa. Todo queda a expensas do voluntarismo do profesorado, que ten que atender máis horas lectivas.

Temos o compromiso, temos a vontade e as ganas, pero esta non é maneira de traballar con eficacia. Para conseguir os obxectivos compre que dunha vez se faga unha aposta seria e realista: as horas de bibliotecas deben considerarse horas lectivas, o coordinador/a da biblioteca debe ten unha compensación económica e débese dotar ás bibliotecas escolares dunha persoa especializada na xestión e organización dos fondos. A partir de aí podemos esixir que a biblioteca sexa o foco dinamizador da vida educativa dos centros de ensino.

A pesar do dito, seguiremos traballando, facendo moitas veces máis do que podemos, porque cremos na importancia da educación para o noso alumnado, o gran prexudicado por unha política educativa mercantilista insensible á igualdade de oportunidades.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: