Skip to content
18/09/2013 / lernolosada

Boas novas do PLAMBE

Despois da decepción que supuxo a asignación de horarios para a Biblioteca, hoxe recibimos a boa noticia (tendo en conta os recortes orzamentarios) de que se nos concederon 4.350 € dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares do 2012. Esa cantidade total distribúese do seguinte xeito: 900 € para fondos; 3.000 € para mobiliario e 450 € para gastos de funcionamento.

Estamos satisfeitos coa contía da axuda porque somos un dos catro centros educativos do PLAMBE 2012 que recibimos a máxima cantidade adxudicada. Ademais de permitirnos ofrecer mellores servizos á comunidade educativa, supón un recoñecemento ao traballo realizado no pasado curso, non só por parte do equipo, senón tamén polo resto do profesorado e o alumnado. Parabéns para todas e todos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: