Saltar ao contido
27/04/2018 / lernolosada

A que altura está o ceo?.3

Estas son as impresións que nos chegaron de Nerea Iglesias Espiño, de 2º de bacharelato, sobre o libro de Jorge Mira A que altura está o ceo? (Alvarellos 2016)

O que máis me gustou de este libro de Jorge Mira, que fala sobre a que altura está o ceo e todos os descubrimentos e experimenos que fixerin certos científicos para chegar á

a_que_altura_está_o_ceo

conclusión de que o ceo estaba A 46.500 millóns de anos luz, foi a cantidade de información que nos achega de todos os científicos que propuxeron diferentes teorías, experimentos etc; por exemplo:

● Edwing Hubble: Demostrou a expansión do universo medindo o corremento das galaxias distantes.
● Albert Einstein : Publicou a teoría sobre a relatividade espacial.
● Stephen Hawking: Aportou xunto con Roger Penrose, teoremas no marco da relatividade xeral e a predición teórica de que os buratos negros emitirían radiación.
● Roger Penrose: Contribuíu na teoría da relatividade xeral e na cosmoloxía.
● Georges Lemaître: Crego que propuxo a teoría da expansión do universo, o que derivou a lei de Hubble e tamén propuxo o que se coñece pola teoría do ‘Big Bang’ da orixe do universo á que chamou teoría do átomo primixenio ou do ovo cósmico.
Pero sen duda a persoa que máis me chamou a atención neste libro foi a científica Henrietta Leavitt que foi a muller que ‘resolveu’ o problema. esta muller creou unhas estrelas que se poden inchar e desinchar chamadas Cefeidas, nas cales o brillo depende do seu tamaño, xa que as máis grandes van a brillar máis e teñen maior oscilación e as pequenas van a brillar menos e teñen menor oscilación. Tras varios experimentos dscubriuse que en función do brillo das estrelas se obtiñan distancias, pero debido á descriminación feminina de aquela época, non se lle podía atribuír a Henrietta, unha muller, ese descubrimento.
No artigo no que se explica ese descubrimento non figura como autora, senón o seu xefe, quen foi o que levou o mérito ao principio pereo que tivo o valor de explicar que fora desenvolto por ela.

Deixar un comentario