Skip to content
18/01/2012 / lernolosada

Unha estrela no vento, de Ledicia Costas.

Vanesa Ferreiro (3ºA) 

Esta novela é unha das preferidas dos rapaces e rapazas da ESO. Publicada en Xerais no ano 2000, xa vai pola décima edición. A súa autora naceu en Vigo no ano 1979, e ademais de novelas escribe e recita poesía, sendo integrante do colectivo Poetas da Hostia, facendo recitais como A hostia en verso ou Merendacea, poesía para devorar.

Esta novela conta a historia dun rapaz de 17 anos, Miguel, que coñece a unha rapaza xitana, Reina, da que se fai moi amigo. Días despois uns vándalos, liderados polo irmán de Reina, danlle unha malleira, pero a súa amizade segue firme. Na vida e na casa de Miguel aparece Abel, o seu curmán que acaba de quedar orfo. A partir de aquí pasarán moitas cousas que non podemos contar aquí.

Recomendo este libro porque é moi entretido e moi fácil de ler, e ao mesmo tempo ten intriga. Permítenos apreciar o valor da amizade, o inútil que é a violencia e comprobar que non debemos ter prexuízos, hai xente mala e boa de calquera condición. Un libro do que podemos aprender moitas cousas, e que lle gustará mesmo a aquelas persoas que din que non lles gusta ler. A min apetéceme volvelo ler.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

One Comment

Deixar un comentario
  1. Anonim@ / Xan 24 2012 4:00 pm

    Encantoume!
    Foi un libro moi inspirador… que me embargou dende a última páxina ata o FIN.
    O exame de galego acerca del levoume 3 páxinas e medio(7 carillas) gastei o boli e tiven que mercar outro.
    DE modo, que me salía máis rentable ler OS bolechas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: