Saltar ao contido
14/02/2018 / lernolosada

O Románico na Estrada

Nomeadas en bulas papais, privilexios reais e outros documentos, a Estrada conserva ata 19 igrexas datables entre os s. X e XIII.

Obxectivos da actividade:

 Difundir o patrimonio artístico do noso concello

Características da actividade:

  • Canzorros e metopas da igrexa de San Miguel de MoreiraPoderá participar todo o alumnado do IES.
  • Cada día desde a biblioteca proporase unha imaxe que aparecerá pegada nos corredores. 

  • O alumnado irá respondendo cada día ás preguntas nun impreso que haberá na biblioteca para tal efecto. Neste impreso o alumnado porá o seu nome, o grupo e a resposta.

  • O impreso cuberto será introducido nunha caixa que estará colocada na biblioteca (un por persoa e
    día)

  • As respostas correctas pegaranse  ao lado dos carteis en que figura a pregunta ao final da actividade.

  • A actividade desenvolverase entre o día 21 de febreiro e 13 de marzo .

  • O día 14 de marzo  farase pública a listaxe de persoas que acertaron todas as preguntas

  • O ALUMNADO QUE PARTICIPE NA ACTIVIDADE DESDE O PRIMEIRO DÍA ATA O ÚLTIMO PODERÁ PARTICIPAR NUN ROTEIRO POLO CONCELLO DA ESTRADA VISITANDO OS MONUMENTOS DE ESTILO ROMÁNICO
  • Organizan: Biblioteca do IES Losada Diéguez,  Departamento de Lingua Galega, o Departamento de Xeografía e Historia e o  Equipo de Dinamización Lingüística

O ROMÁNICO NA ESTRADA

Deixar un comentario