Saltar ao contido
20/10/2017 / lernolosada

24 de outubro, día das bibliotecas escolares

Este curso a Asesoría de Bibliotecas escolares propón o lema “Aprende a pensar coa biblioteca escolar”. Neste marco, as bibliotecas dos tres IES de A Estrada, para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) propoñemos unha actividade conxunta para todo o alumnado.

 

Características da actividade:Resultado de imaxes para imagenes del signo de interrogacion

  • A quen está dirixida: a todo o alumnado. Pódese participar de forma individual ou grupal (nun máximo de catro compoñentes por grupo)
  • Que tes que facer: o día 24 de outubro tes/tendes que pasar pola biblioteca do teu IES nas horas do recreo e recoller un folleto, no que encontrarás unha serie de actividades que deberás responder. Unha vez resoltas as cuestións que se propoñen, deberás entregar de novo o folleto na biblioteca.
  • Prazo: desde o 24 ao 31 de outubro
  • Premios: o alumnado participante que resolva todas as propostas de forma correcta, participará no sorteo de tres premios relacionados coa lóxica.

Esta é a primeira dunha serie de actividades. Ao longo do curso haberá máis propostas de lóxica.

Proba a atopar as solucións sen “romper a cabeza”.

SORTE e razoa, pensa, sopesa, fai hipóteses, rexeita posibilidades, o que queiras, menos estar quieto/a e calado/a.

Di Sherlock Holmes: “O crime é común. A lóxica é rara. Por conseguinte, deberías concentrarte máis na lóxica que no crime”.

 

FOLLETO COA ACTIVIDADES

 

Deixar un comentario