Skip to content
19/03/2013 / lernolosada

Crónica da viaxe a Pontevedra

fotos PoPREME NA IMAXE SE QUERES VER MÁIS FOTOS

Álvaro, Jesús e Sergio (4ºB)

A nosa odisea comezou no autobús, cando o atraso dalgunhas persoas fixo que o grupo de teatro e o público tiveran que agardar por nós para comezar a representación.

Vimos El burlador de Sevilla, de Tirso de Molina, unha interesante obra de teatro clásico, apaixonante e dinámica, interpretada polo grupo Factoría Teatro, co asesoramento de Regenta Teatro. O mito do Don Juan, sedutor e burlador de mulleres, adaptado a nosa idade.

A obra durou unhas dúas horas. Fomos cara o IES Frei Martín Sarmiento, onde nos recibiron os alumnos e alumnas do club de lectura dese centro. Vimos unha presentación sobre mulleres galegas, un gran traballo de investigación feito polo alumnado de PDC do Sarmiento. Despois misturámonos por grupos e copiamos e decoramos uns poemas que cadaquén elixiu (agora están expostos no Losada).

Marchamos a comer. Polo camiño vimos ao noso antigo mestre de tecnoloxía, Eladio sen H, a quen saudamos e lle demos a parabén pola vitoria do equipo de fútbol de Pontevedra. Nos fomos comer a unha pizzería.Despois de que Jesús lle derramase a Chedas un Kas no xeonllo dirixímonos á praza de España, onde quedaramos co resto do grupo.

Agardamos polos profesores e a profesora (que chegaron tarde!) e comezamos un roteiro pola cidade vella de Pontevedra. Había que ir recollendo información cultural usando un plano da cidade. Nós usamos dúas armas letais: Yahoo Respuestas e Google. Trala caída de Raúl e a artimaña de Jesús (para non perdernos) de ir deixando anaquiños de papel nas esquinas polas que pasabamos (xa que as migas comíanas as pombas), acabamos o concurso e fomos ao Garaxe Hermético.

Nesta fermosa e coloreada escola de banda deseñada e ilustración, o debuxante e director da mesma, Kiko da Silva, falounos sobre o mundo e a historia do cómic. Despois de que Kiko nos adicase un debuxo de Fiz, regresamos a A Estrada cunha chea de anécdotas que contar aos que non viñeron e… cheos de cultura.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: