Skip to content
15/03/2013 / lernolosada

O noso grupo de teatro actúa no Principal de Ourense

O xoves, 21 de marzo, a Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez, “Avelaíñas Teatro” da Estrada, o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e Aula de Teatro do CPI de Touro presentarán no Teatro Principal de Ourense a obra FERVENZA ONÍRICA. A entrada custará 2 euros e o diñeiro recadado irá destinado integramente á ONG Meniños, de apoio á infancia. Para asistir como público á función das 12:30 é conveniente reservar entradas:CARTEL FERVENZA ONIRICA

TELÉFONO: 655345123.

CORREO ELECTRÓNICO: habitaciononirica@yahoo.es

Haberá outra función ás 20:30 para público xeral.

Fervenza onírica é un espectáculo de creación colectiva que reflicte desde unha perspectiva cómica diversos temas de actualidade:

– Reivindicación dos dereitos da clase traballadora.

– Efectos da economía defendida polas grandes multinacionais.

– Defensa das culturas minorizdas e obrigas morais dos individuos coas culturas nas que habitan.

– Deshumanización do mal denominado “primeiro mundo”.

Fervenza onírica acciona a panca da metaficción e trasládase a un heteroxéneo universo literario que bebe da obra de Neira Vilas, Celso Emilio Ferreiro, Joaquim Murale, Castelao, Núñez Singala, Rosalía de Castro, Albert Camus, Osvaldo Dragún, etc.

Trátase dun divertido xogo onde a imaxinación xoga un papel chave, un alegato emotivo das inquedanzas do mundo adolescente que reterá a ollada curiosa  durante o espectáculo e unha reivindicación do teatro como luz, movemento, son, música, ritmo, emoción, poesía…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: