Saltar ao contido
05/06/2021 / lernolosada

A lúa do Sidereus nuncius

Nova achega do club de lectura científico. Iria Rodírguez Arias, de 4º A, cóntanos algún dos descubrimentos de Galileo sobre a lúa.

Nesta publicación, Galileo cóntalle ao gran duque de Toscana como son de importantes os nomes das estrelas e dos astros. Fala de monumentos históricos e cidades que posúen o nome de coñecidas e importantes persoas na historia. Argumenta que é moito máis prestixioso que unha estrela leve o teu nome, xa que vai a durar millóns de anos ata o seu último escintileo, pola contra, os monumentos probablemente teñan menos duración. Galileo outórgalle á familia Médici a honra de posuír un conxunto de estrelas, que el mesmo descubriu, co seu nome.

Fálanos do innovador e marabilloso instrumento que Galileo Galilei construíu, o telescopio. Conta como grazas a este puido descubrir novos astros. A Galileo chegáranlle noticias de que un neerlandés descubrira uns anteollos que permitía ver nitidamente cousas afastadas como se estivesen preto. Despois disto, el decidiu facer unha cousa parecida e ampliar deste xeito as cousas 60 veces máis o seu tamaño. E o seu interese centrábase en corpos celestes.

El distingue dúas caras diferentes na lúa: unha escura e outra clara. E determinou que a superficie da lúa era engurrada e desigual, todo o contrario do que dicían algúns filosóficos anteriormente. Eles afirmaban que era lisa. As tebras das cavidades terrestres diminúen cando o Sol acada máis altura, ao igual que cando medra a parte luminosa as manchas lunares perden as tebras. Se chegásemos a dicir que a lúa é case como a terra chegaríamos á conclusión de que a súa parte máis clara representaría a superficie terrestre e a parte máis escura, a auga.

Na seguinte imaxe móstranse os debuxos cos que Galileo representaba estas zonas. Fálanos tamén das diferentes irregularidades tanto na zona clara como na escura, mencionando auréolas, manchas, cavidades …

Dependendo da disposición destas cavidades e fileiras de montañas, os nosos ollos poderían captar ou non estas irregularidades. Isto explícao con diferentes debuxos representando certas posicións ás que denomina ABCDEFG…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: