Saltar ao contido
03/06/2018 / lernolosada

Coñecendo o contorno: “Ruta do románico na Estrada”

O día 30, o alumnado de 4º de Eso e FP Básica de administrativo e o día 31 o alumnado de 2º ESO realizou unha ruta polas igrexas que conservan restos de románico na Estrada. Despois de facer o itinerario polas igrexas de Codeseda, Tabeirós, Ouzande e Moreira, o alumnado visitou o castro de Callobre e a fervenza do río Curantes. Esta actividade foi patrocinada polo concello da Estrada.

 

Deixar un comentario