Saltar ao contido
29/03/2017 / lernolosada

1 de abril: Día das Artes Galegas 2017: Maruxa Mallo

DOCUMENTAL SOBRE MARUXA MALLO

DOCUMENTAL: LAS SIN SOMBRERO

TRABALLO SOBRE MARUXA MALLO DE ANALÍA ÁLVAREZ GONZÁLEZ

En Sesión Ordinaria, o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes decidiu, por maioría, elixir a candidatura de Maruxa Mallo para a celebración do “Día das Artes Galegas” do ano 2017.

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartaz informativo.

Para máis información, preme na seguinte ligazón.

Maruxa Mallo (Viveiro, 1902-Madrid, 1995)  É unha muller pioneira e revolucionaria, en todos os planos e tamén no plano persoal”.  Estudou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando cando non había mulleres ou saía de xolda pola noite en Madrid, sen estar casada, tal e como aparece nun cadro de Dalí, xunto co propio pintor catalán e Buñuel.

As ‘sensombreiro’

En Madrid, xunto coa súa amiga Margarita Manso, idean a performance de ir á Porta do Sol sen sombreiro, o que rematou en insultos e mesmo en agresións. De aí naceu o concepto ‘sensombreirismo’. Querían ser libres e facían accións, como entrar nunha igrexa en bicicleta para rebentar a imaxe encorsetada das mulleres.

Deixar un comentario