Skip to content
16/01/2015 / lernolosada

Un magnífico cómic para explicar o conflito do Sáhara

‘El conflito del Sáhara en menos de 3.000 palabras’ é o título deste magnífico cómic de Mauro Entrialgo.
Esta banda deseñada, sinxela e chea de color, foi un encargo feito polo Consejo de Juventud del Principado de Asturias, e pódese descargar de xeito gratuíto, mesmo en inglés, na seguinte ligazón, con licenza Creative Commons:
O autor foi quen de sintetizar as claves do conflito, tratando todos os aspectos fundamentais do mesmo. Desde a situación nos campos de refuxiados ao comercio de fosfatos ou os acontecementos históricos como a ‘Marcha Verde’. A estrutura da obra permite ler cada apartado de forma independente, sen personaxes que unan as distintas situacións. Remata cunha galería dos persoeiros craves para entender a situación.
Este proxecto pretende usar a banda deseñada como ferramenta para achegar aos adolescentes (e a todo o mundo) nas aulas ao coñecemento dos conflitos internacionais. Están tamén dispoñibles un realizado por Alfonso Zapico sobre Colombia, e outro sobre Palestina de Bernardo Vergara.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: