Skip to content
10/01/2012 / lernolosada

Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño

Sara Bugallo e Laura Filloy (1ºB Bacharelato)

Begoña Caamaño (entrevista coa autora) é unha xornalista viguesa nada no ano 1964 que decidiu explorar o mundo da novela coa súa primeira obra titulada Circe ou o pracer do azul, publicada pola editorial Galaxia. A novela está baseada no mito clásico da Odisea de Homero.

Dúas mulleres que nun principio dicían loitar polo amor dun mesmo home, Ulises. Penélope agardaba tristemente a chegada dun marido que levaba inmerso máis de dez anos nunha cruel guerra mentres que a outra, a deusa Circe, mantiña ao pobre namorado nunha illa ‘retido’ sen poder regresar coa súa muller. Sen embargo, a novela da que estamos a falar dá unha visión máis progresista e actualizada do conto grego, relatando a exitosa relación entre ambas protagonistas, que se van coñecendo a través do profundo pracer das palabras.

Entres as numerosas cartas que intercambian xurdirán os máis fondos segredos que gardan, nunha interesante e continua referencia aos sentimentos. Non só é a súa historia, senón tamén a daquelas mulleres que viviron oprimidas baixo o xugo dun matrimonio de conveniencia cun home que as desprezaba e as trataba como seres inertes. E o que máis sorprende do asunto é que segue a acontecer hoxe en día.

Por iso nós decidimos recomendar esta novela aos retelladores eoutros lectores, para que poidan gozar, somerxerse nunha viaxe intensa, ateigada de reflexións, non só sobre a vida, senón tamén sobre o amor. Un libro de toque feminista que invita ao lector a mirar ás mulleres desde outra perspectiva.

A nós gustounos moito o libro pola visión diferente e entretida que dá dunha realidade tan afastada é a vez tan próxima da nosa sociedade. O mito clásico enfocado de forma interesante e amena que engancha aos poucos, con esa curiosa historia de amor entre os personaxes.

Unha amizade entre dúas mulleres.

Dúas mulleres separadas por miles de quilómetros de mar azul.

Tan azul, como os enmeigados ollos de Circe.

NA NOSA BIBLIOTECA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: