Saltar ao contido
26/10/2011 / lernolosada

Nómades, de Xosé Tomás. A nosa primeira dedicatoria.

Os ‘retelladores do galiñeiro’ xa temos a nosa primeira dedicatoria. Ben bonita, por certo. E ademais nun libro marabilloso. Moitas grazas.

Nómades é a novela gráfica coa que a Editorial Galaxia inicia unha nova colección de novela gráfica en galego. É unha creación de Xosé Tomás, un autor cun longo e brillante percorrido no eido da ilustración e do humor gráfico. O seu primeiro álbum monográfico foi Tolos, para a Universidade da Coruña. Tamén fixo ilustracións e cómics para a revista Plis-Plas e o Golfiño.

Literatura e debuxo fúndense neste traballo, dunha estética abraiante, fermosa. As protagonistas das historias que conforman Nómades son mulleres inmigrantes, fortes, que arriscan todo por un futuro mellor, aínda que non sempre o conseguen. Son fragmentos de vida, breves episodios que, sen embargo, nos permiten imaxinar todo un camiño cheo de dificultades para as persoas obrigadas a emigrar e, máis, se son mulleres.

Un cómic cheo de suxestións e humanidade, de dignidade e cariño, que todos os lectores sensibles deberían de ler.

NA NOSA BIBLIOTECA

One Comment

Deixar un comentario
  1. xosefa / Feb 5 2012 5:36 pm

    Historias minimalistas. Unhas vidas, 8 vidas de mulleres, concentrada nunhas cantas viñetas.
    Son tan curtas que hai que volvelas ler, pero non porque non as entendas senón porque dan moito que pensar.
    A partir distes mini fragmentos, pódese deducir case todo nas vidas desas mulleres que tiveron que emigrar buscando algo mellor ou……….. fuxindo de algo peor.
    Recomendada sobre todo para a xente que solta frases o chou, tipo, estos inmigrantes son moi sucios, non se adaptan, véñennos quitar o traballo, queren vivir sen traballar, por qué teñen que ter dereito a seguridade social?, por que as mulleres teñen que levar o pano a cabeza?, etc, etc.
    Ata logo.

Deixar un comentario