Skip to content
26/10/2017 / lernolosada

Club de lectura 1º ESO. Primeira sesión

Advertisements
20/10/2017 / lernolosada

24 de outubro, día das bibliotecas escolares

Este curso a Asesoría de Bibliotecas escolares propón o lema “Aprende a pensar coa biblioteca escolar”. Neste marco, as bibliotecas dos tres IES de A Estrada, para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) propoñemos unha actividade conxunta para todo o alumnado.

 

Características da actividade:Resultado de imaxes para imagenes del signo de interrogacion

  • A quen está dirixida: a todo o alumnado. Pódese participar de forma individual ou grupal (nun máximo de catro compoñentes por grupo)
  • Que tes que facer: o día 24 de outubro tes/tendes que pasar pola biblioteca do teu IES nas horas do recreo e recoller un folleto, no que encontrarás unha serie de actividades que deberás responder. Unha vez resoltas as cuestións que se propoñen, deberás entregar de novo o folleto na biblioteca.
  • Prazo: desde o 24 ao 31 de outubro
  • Premios: o alumnado participante que resolva todas as propostas de forma correcta, participará no sorteo de tres premios relacionados coa lóxica.

Esta é a primeira dunha serie de actividades. Ao longo do curso haberá máis propostas de lóxica.

Proba a atopar as solucións sen “romper a cabeza”.

SORTE e razoa, pensa, sopesa, fai hipóteses, rexeita posibilidades, o que queiras, menos estar quieto/a e calado/a.

Di Sherlock Holmes: “O crime é común. A lóxica é rara. Por conseguinte, deberías concentrarte máis na lóxica que no crime”.

 

FOLLETO COA ACTIVIDADES

 

11/10/2017 / lernolosada

Os/as retelladores/as xa estamos en marcha!!

Empezamos cos seguintes libros:

Grupo de 1º e 2º da ESO: O Papiro do César

Grupo de 3º e 4º da ESO: Reo  de Xesús Fraga

Grupo de 4º da ESO, bacharelato e adultos: E fixemos a luz! de Salvador Bará 

Resultado de imaxes para o papiro do CésarResultado de imaxes para reo libroPortada de E fixemos a luz!

Primeira reunión o 31 de outubro.

05/09/2017 / lernolosada

Convocatoria clubs de lectura 2017/18

Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se apoia o funcionamento dos Clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que impartan ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, para o curso 2017/2018.

 O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de outubro de 2017.

04/06/2017 / lernolosada

Convocatoria do Plan de Mellora das Bibliotecas. Memoria do curso actual

MEMORIA PEDAGÓXICA PAMBLE 2016/17

DOCUMENTACIÓN BIBLIOTECA

 

Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2017/2018

O 2 de xuño publica o DOG a Orde de 19 de maio de 2017 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2017/2018.

As solicitudes de nova incorporación ou de continuidade deben presentarse no anexo I da convocatoria, xunto coa documentación correspondente, antes do 3 de xullo de 2017.

TEXTO DA CONVOCATORIA

03/06/2017 / lernolosada

Proposta de lecturas para o verán

Desde as biblitecas dos IEAntón Losada Diéguez,

ler-2

Manuel García Barros e Nº1 de Estrada

 elaboramos  este boletín drecomendación

para o verán.

Esperamos que vos sexa de utilidade!!

PROPOSTA DE LECTURAS ENTRE 12 E 18 ANOS

LECTURAS E CINE PARA TODA A FAMILIA

26/05/2017 / lernolosada

30 de maio no IES Losada Diéguez

06/05/2017 / lernolosada

17 de maio. Día dasLetras Galegas. Carlos Casares

NOTICIA SOBRE O CONCELLO DE VIANA E CARLOS CASARES

TEXTO DO RELATO O XOGO DA GUERRA

Relatos e poemas

A seguinte curtametraxe foi  dirixida e producida por Miguel García López e interpretada por alumnos do Instituto de Lagoa de Antela, en Xinzo de Limia. Baseada nun relato homónimo do libro Vento ferido de Carlos Casares.

Conta a historia de Rafael, un mozo que se viu na obriga de matar a un compañeiro de xogos para ser aceptado no grupo. Foi detido e encerrado no reformatorio. Alí  ten como único divertimento xogar á guerra, caza moscas e afógaas na pileta. Durante este tempo, planea a súa vinganza contra O Rata, o líder do antigo grupo.

RECURSOS EDUCATIVOS LETRAS GALEGAS

CUESTIONARIO SOBRE CARLOS CASARES

05/05/2017 / lernolosada

17 de maio. Día das Letras Galegas. Carlos Casares

Amemos

Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.

Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite sexa un recendo podrecido
das flores que chantamos pra salvarnos.

Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.

Amemos
inda que a esperanza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.

RECURSOS EDUCATIVOS LETRAS GALEGAS

CUESTIONARIO SOBRE CARLOS CASARES

28/04/2017 / lernolosada

EducaSTRADA, xornadas sobre o ensino

A nosa biblioteca estivo presente, acompañando ás dos outros dous IES da Estrada, nas  II Xornadas  de Educación  que se celebraron os días 28 e 29 de abril no MOME . A participación das tres bibliotecas tiña como obxectivo  facer unha exposición das actividades que, desde a biblioteca, se realizan de forma conxunta ou compartida nos tres institutos da localidade.

RELACIÓN DE ACTIVIDADES CONXUNTAS DOS TRES IES

– Tríptico das Xornadas .

26/04/2017 / lernolosada

Club de lectura/ Ollos de auga de Domingo Villar

Ollos de auga é unha novela negra escrita por Domingo Villar. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato dun músico na illa de Toralla.

 

26/04/2017 / lernolosada

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, con motivo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto  da autora galega Rosalía Fernández Rial

19/04/2017 / lernolosada

23 de abril, V FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DA ESTRADA

NOTICIA FARO DE VIGO 22/04/2017

NOTICIA CORREO GALLEGO 23/04/2017

NOTICIA FARO DE VIGO 24/04/2017

NOTICIA DE LA VOZ DE GALICIA 24/04/2017

05/04/2017 / lernolosada

” ARTE E SAÚDE” actividade sobre hábitos saudables

Fotos gañadoras do sorteo:

Javier Pereira Rey 1º ESO B

Come  san, fai deporte e desfruta estando san .
Andrea  Mosteiro  Sangiao 2º da  ESO B

A práctica de deportes, facer unha dieta sa, sen azucres e graxas daniñas, son piares fundamentais para ter unha vida plena e saudable.

Desde a biblioteca escolar propomos esta  actividade co fin de  de fomentar  hábitos saudables ao tempo que potenciamos a creactividade e o amor á arte da fotografía.

CARACTERÍSTICAS DA ACTIVIDADE

  • A quen está dirixida:  a toda a comunidade educativa.
  • Que tes que facer: envíar ao correo electrónico ler.nolosada@gmail.com unha foto feita por ti ou na que aparezas ti e un texto breve ( haiku, micropoema, redacción breve). O tema da foto e do texto será a práctica deportiva e a alimentación saudable. No correo hai que poñer o nome, curso e no apartado asunto poñer ” hábitos saudables” así como especificar no sorteo en que queres participar .
  • Prazo: desde o 24 de abril ao 18 de maio. As fotos e textos enviados  exporanse  nos corredores do IES
  • Premios:  as persoas participantes participaran en dous sorteos nos que terán que apuntarse previamente.
  • SORTEO 1:  un balón de fútbol.
  • SORTEO 2: un  libro  do fotógrafo Gabriel Tizón.
  •  Data dos sorteos: na biblioteca  do IES o día 25 de maio, no segundo recreo
03/04/2017 / lernolosada

Calendario de actuación de ” Avelaíñas Teatro”

Calendario de actuacións de Avelaíñas Teatro :

  • 28 de marzo: teatro principal da  Estrada
  • 1 de abril: Palas de Rei
  • 25 de abril: Muros
  • 27 de maio: Laxe
  • Entre o 16 e o 21 de maio:  Burgos, Zaragoza e Barcelona, en colaboración cunha asociación da terceira idade de Pineda de Mar.
  • 23 de abril: V Festival de Teatro Escolar da Estrada
PROGRAMACIÓN DO DÍA 23:
      LUGAR: Teatro Principal da Estrada

  •    16.30 h. Obradoiro Municipal de Teatro e Escola Municipal de Teatro de Laxe presentan:      NOTAS DE COR
  •    18.30 h . Roteiro  teatral pola aldea de Callobre
  •    20.30 h. Aula de Teatro do IES Losada Diéguez ” Avelaíñas Teatro” e  Aula de teatro do CPI de Touro presentan FANTAMIMO