Saltar ao contido
05/06/2022 / lernolosada

O descubrimento do Universo

por Roberto Vilas López (4ºA)

A mellor explicación do libro Sidereus nuncius faina o propio Galileo na súa portada, pois di del “que desvela espectáculos GRANDES e MOI ADMIRABLES”.
Grandes, porque ata o descubrimento do telescopio, as observacións facíanse a simple vista, o que implicaba toda clase de erros, e trala publicación deste libro explícanse e rebátense teorías que ata o momento estaban vixentes, pero resultaban erróneas.
Moi admirables, xa que amosou aspectos descoñecidos ata o momento e que foron relevantes; neste intre pódese dicir que comenza o desenvolvemento da astronomía moderna, invitando ao seu estudo, tanto a filósofos como a astrónomos.
É un libro controvertido para a época no que foi escrito, posto que reforza teorías nas que a
Igrexa, e moi particularmente a Inquisición, non estaba de acordo, pero á vez aporta un estudo e un
coñecemento profundo sobre aspectos descoñecidos ata o momento: un coñecemento profundo da
Lúa, aspectos das estrelas e o mais importante do libro o descubrimento dos Planetas Mediceos e o
seu movemento, que reforzaba as ideas que tiña Galileo e que defendeu ata a súa morte, “Agora
pues, con maior motivo, dado que no tenemos só un planeta xirando arredor doutro mentras
ambos percorren unha gran órbita arredor do Sol, senón que fronte aos nosos sentidos están catro
estrelas en movemento arredor de Xúpiter, como a Lúa arredor da Terra, mentras, a un tempo todas percorren xunto a Xúpiter durante doce anos unha gran órbita arredor do Sol”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: