Exposición sobre o legado do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza
Ao longo do mes de febreiro os corredores do noso IES acolleron unha exposición feita polo colectivo A Rula sobre o legado do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza que estudou os petróglifos galegos no tempo da posguerra. O día 22 do mesmo mes, varios membros deste colectivo participaron nunha actividade divulgativa sobre o traballo deste investigador e sobre os novos achados, facendo fincapé nos do concello da Estrada. A actividade, organizada polo EDLG en colaboración coa biblioteca e o departamento de Xeografía e Historia, estivo dirixida ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato.
Deixar unha resposta