Exposición ” Cartas de amor”
Os corredores da planta baixa do noso IES acolle ata o día 28 de xaneiro a exposición “Cartas de Amor”, que a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia cedeu ao noso centro dentro do programa ” Por 365 días de respecto e igualdade”
Trátase dunha mostra onde 15 debuxantes galegos/as plasman en imaxens situacións ou momentos que consideran violentos nas relacións entre adolescentes co obxectivo de pór de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto
A mostra vén acompañada dunha unidade didáctica.
Deixar unha resposta