30 de xaneiro: Día de Castelao
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 30 de xaneiro de 1886 – Bos Aires 7 de xaneiro de 1950)
Xaneiro é o mes en que naceu e morreu este personaxe tan importante na cultura galega. Coa intención de difundir a obra e a figura deste insigne rianxeiro, así como dar a coñecer a súa relación coa Estrada, a Biblioteca do IES Losada Diéguez , o Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística programaron as seguintes actividades:
- Lectura relatos de Castelao nas aulas.
2. Actividade sobre a relación de Castelao coa Estrada
Características da actividade ” Castelao e A Estrada”:

- Poderá participar todo o alumnado do IES.
- Para iso terá que cubrir este formulario e envialo clicando ao final sobre a palabra submeter FORMULARIO https://forms.gle/uSW5rPNwZYWtQTqy6
- O prazo de entrega vai desde o día 15 ao 26 de xaneiro.
- No segundo recreo do día 1 de febreiro, realizarase o sorteo de 4 exemplares de obras de Castelao entre todos os/as participantes nesta actividade que respondesen correctamente a todas as preguntas.
Deixar unha resposta