24 de febreiro, día de Rosalía. Actividade de busca de información
Obxectivos da actividade: Difundir a obra e a figura de Rosalía de Castro coincidindo coa data do seu nacemento.
Características da actividade:
-
Poderá participar todo o alumnado do IES.
-
Cada día desde a biblioteca proporase unha ou dúas preguntas que aparecerán pegada nos corredores. En total a actividade durará 10 días.
-
O alumnado irá respondendo cada día ás preguntas nun impreso que haberá na biblioteca para tal efecto no que o alumnado porá o seu nome, o grupo e a resposta.
-
O impreso cuberto será introducido nunha caixa que estará colocada na biblioteca (un por persoa e día)
-
As respostas correctas pegaranse ao lado dos carteis en que figura a pregunta ao final da actividade.
-
A actividade desenvolverase entre o día 24 de febreiro e o 14 de marzo .
-
O día 15 de marzo farase pública a listaxe de persoas que acertaron todas as preguntas e o 16 de marzo no segundo recreo realizarase un sorteo entre elas, no que serán seleccionadas seis persoas. O sorteo terá lugar na biblioteca.
-
As seis persoas que resulten seleccionadas recibirán como premio, cada unha un exemplar de Cantares Gallegos ou de Follas Novas .
- Organizan: Biblioteca do IES Losada Diéguez, Departamento de Lingua Galega e Equipo de Dinamización Lingüística
Deixar unha resposta