Skip to content
28/01/2017 / lernolosada

30 de xaneiro, Día da Paz

A Biblioteca do IES Antón Losada, en colaboración co departamentos de Xeografía e Historia  e Tecnoloxía , seguindo co ciclo de portada_un-dios-salvajecine, descargae como conmemoración do Día da Paz,  na tarde do martes, 31 de xaneiro,  proxectará as seguintes películas:

 “Azur y Asmar” de Michel Ocelot, para alumnado de 1º da ESO, na Biblioteca.

 “Un dios salvaje” de Roman Polanski, para o alumnado de 2º da ESO a 1º de Bacharelato, ambos inclusive, no Salón de Actos.

NOTICIA DO FARO DE VIGO

O 30 de xaneiro é  o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Esta conmemoración  foi instaurada en 1964 polo inspector de ensino Lorenzo Vidal. Esta xornada educativa ten  como fin facer que  o alumnado,  por medio da reflexión persoal,  chegue á conclusión de que o amor é mellor que o odio, a non-violencia, mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra.

O día 30 de xaneiro, coincide co asasinato a tiros por un fanático hinduísta, do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, que tivo lugar en  1948.

gandhi-simbolo-mundial-pacifismo_tinima20140130_0223_5Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do Sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: