Skip to content
22/01/2017 / lernolosada

27 de xaneiro, Día do Holocausto

ies-antonCon motivo da celebración do Día do Holocausto (27 de xaneiro) a Biblioteca do IES Antón Losada, en colaboración co departamentos de Xeografía e Historia, organizou as seguintes actividades:

Exposición:Exilio e deportación. Joaquín Balboa e Antonio Pérez, de Monterrei e Boborás aos campos nazis’. Esta exposición é froito da homenaxe que se celebrou no mes de agosto no concello de Monterrei a Joaquín Balboa, veciño do municipio que estivo catro anos preso no campo de concentración de Mauthausen. Realizada polo profesor do IES Antón Losada, Eladio Anxo Fernández, para as Asociacións ‘Monterrei, cultura e territorio’ e ‘Sinenomine’, ten como obxectivo principal dar a coñecer a historia dos republicanos españois, uns 200 galegos, que, coa complicidade das autoridades franquistas, foron vítimas do holocausto nazi. A exposición está a disposición dos centros educativos e culturais, por onde xa circula ao longo deste curso.

Exposición bibliografía sobre ‘Exilio e Deportación’: Selección de libros e bandas deimagesseñadas que tratan do exilio dos republicanos e do holocausto.

Documentais sobre ‘Exilio e Deportación’: Nas clases de Historia proxectaranse dous documentais

  • “Mauthausen, regreso ao campo da morte”, dirixido por Manuel Torrente para a TVG en 1989, e no que participou Joaquín Balboa.
  • “El convoy de los 927“, dirixido por Montse Armengou e Ricard Belis para TV3 no 2004, recolle os testemuños de superviventes do primeiro convoi de deportados cara os campos nazis, formado por 927 refuxiados españois.

NOTICIA DO FARO DE VIGO SOBRE ESTA ACTIVIDADE 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: