Skip to content
12/01/2017 / lernolosada

” Castelao e a Estrada”, actividade de busca de información

Obxectivos da actividade:

 Difundir a obra e a figura  de Castelao, así como dar a coñecer a súa relación coa Estrada.

descarga-3Características da actividade:

  • Poderá participar todo o alumnado do IES.

  • Cada día desde a biblioteca proporase unha pregunta que aparecerá pegada nos corredores.  En total a actividade durará 10 días.

  • O alumnado irá respondendo cada día ás preguntas nun impreso que haberá na biblioteca para tal efecto no que o alumnado porá o seu nome, o grupo e a resposta.

  • O impreso cuberto será introducido nunha caixa que estará colocada na biblioteca (un por persoa e
    día)

  • As respostas correctas pegaranse  ao lado dos carteis en que figura a pregunta ao final da actividade.scale-1

  • A actividade desenvolverase entre o día 16 e 27 de xaneiro .

  • O día 30  de xaneiro farase pública a listaxe de persoas que acertaron todas as preguntas e realizarase un sorteo entre elas no primeiro recreo,  no que serán seleccionadas tres persoas. O sorteo  terá lugar na biblioteca.

  • No segundo recreo  o día  30 de xaneiro, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, realizarase un acto de homenaxe no que o alumnado lerá algúns relatos dos libros Cousas e Retrincos e entregaranse os premios aos gañadores do concurso.

  • As tres persoas que resulten seleccionadas recibirán como premio, cada unha,  un vale para libros por valor de 25 €  un exemplar dun libro de Castelao.

  • O ALUMNADO QUE PARTICIPE NA ACTIVIDADE DESDE O PRIMEIRO DÍA ATA O ÚLTIMO PODERÁ PARTICIPAR NUN ROTEIRO  DE CASTELAO NA ESTRADA QUE TERÁ LUGAR NO MES DE FEBREIRO
  • Organizan: Biblioteca do IES Losada Diéguez,  Departamento de Lingua Galega e  Equipo de Dinamización Lingüística

PREGUNTAS

ROTEIRO CASTELAO E A ESTRADA

descarga-299000102-02

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: