Skip to content
11/01/2017 / lernolosada

Actividades para conmemorar o aniversario do nacemento de Castelao

scaleAlfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 30 de xaneiro de 1886 – Bos Aires 7 de xaneiro de 1950)   Xaneiro é o mes en que naceu   e morreu este personaxe tan importante na cultura galega.  O ano pasado (2016) cumpríronse 130 anos do seu nacemento. A conmemoración desta  efeméride levou a organización de actos de homenaxe  por toda Galicia. Tamén no concello  da Estrada, onde, por exemplo, tivo lugar en novembro a representación de Os vellos non deben de namorarse e o 26 de xaneiro o grupo de teatro Os Quinquilláns representará Cousas.  Neste contexto e coa intención de difundir a obra e a figura  deste insigne rianxeiro, así como dar a coñecer a súa relación coa Estrada, a Biblioteca do IES Losada Diéguez , o Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística  programaron as seguintes actividades:

ACTIVIDADES:

  • Lectura da obra de Castelao en todos os cursos:
  • 1º e 2º ESO: relatos de Cousas e Retrincos
  • 3º, 4º ESO  e 1º de Bacharelato: lectura de  Cousas e asistencia a representación teatral co mesmo nome que terá lugar o día 26 de xaneiro no teatro principal da Estrada
  • Actividade  de busca de información ” Castelao e A Estrada” que se realizará entre o 16 e o 27 de xaneiro
  • Exposición sobre Castelao
  • Acto de homenaxe, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, que terá lugar  na biblioteca no 2º recreo e que estará dirixido a toda a comunidade educativa. Neste acto  o alumnado lerá  relatos de Cousas e Retrincos e  farase entrega dos premios ao alumnado  participante  na actividade ” Castelao e A Estrada” que resulte gañador.
  • Realización no mes de febreiro do Roteiro Castelao co alumnado participante na actividade de busca de información ” Castelao e a Estrada”

 

NOTICIA DO FARO DE VIGO

GALERÍA DE FOTOS


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: