Skip to content
17/11/2016 / lernolosada

VI Concurso de Fotografía 25 de novembro ESIXO O TEU RESPECTO

  • fotocartel-defDestinatarios: Comunidade escolar do IES Antón Losada Diéguez
  • As fotografías deberán ser orixinais. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías.
  •  As fotografías presentaranse en formato dixital, cun tamaño mínimo de 500 kb, en formato jpg, png, tiff… e irán acompañadas dun pé de imaxe (título).
  • A fotografía tratará sobre a necesidade de erradicar a violencia e de establecer as nosas relacións de parella partindo da autonomía persoal e da igualdade entre mulleres e homes; relacións baseadas na liberdade, na responsabilidade e no mutuo respecto. O lema será “ESIXO O TEU RESPECTO”.
  • Valorarase a relación co tema proposto, a calidade estética, a forza expresiva e a orixinalidade da fotografía e do título.
  •  No correo, xunto ás fotografías, deben incluírse o nome o o curso, enviándoo ao enderezo: ler.nolosada@gmail.com, ou en man, nunha memoria USB entregándolla á profesora Inés Vidal.
  • O prazo límite para entregar as fotografías será o 30 de novembro.
  •  Premios: o xurado concederá dous premios, un por categoría: A) Alumnado de 1º, 2º, 3º da ESO e PCPI; B) 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato, Ciclos e Adultos. PREMIOS: un vale de 30 €.
  • As fotografías poderán ser expostas en distintos lugares do Centro e tamén poderán inserirse na páxina web e/ou no blogue do Club de Lectura, así como incluírse na revista escolar.
  •  Os premios poden declararse desertos. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: