Skip to content
13/11/2016 / lernolosada

25 N: actividade de busca de información “ A violencia de xénero en números”

A Biblioteca do IES Losada Diéguez organiza unha actividade de busca de información sobre a historia das mulleres no Estado Español e no seu contorno.

 Obxectivos:

  1. Que o alumnado tome conciencia de que, ao  longo da historia, as mulleres  foron excluídas do público e apartadas dos foros de discusión e, como consecuencia,  quedaron relegadas ao núcleo familiar e foron discriminadas non só socialmente senón tamén a nivel xurídico.
  2.  Que o alumnado  perciba que a situación actual é fruto da historia, pero que  tamén se enmarca dentro dun proceso de loita  pola igualdade que  ten conseguido avances moi importantes. 
  3. Que o alumnado comprenda que  a loita pola igualdade  é un fenómeno que compete a toda a sociedade e non só ás mulleres e que a discriminación non é un fenómeno illado e individual, senón que ten carácter colectivo e  universal.

Características da actividade:stop-violencia-de-xenero

  • Poderá participar todo o alumnado do IES

  • Cada día desde a biblioteca proporase unha pregunta que aparecerá pegada nos corredores.  En total a actividade durará 10 días

  • O alumnado irá respondendo cada día ás preguntas nun impreso que haberá na biblioteca para tal efecto no que o alumnado porá o seu nome, o grupo e a resposta.

  • O impreso cuberto será introducido nunha caixa que estará colocada na biblioteca ( un por persoa e día)

  • As respostas correctas pegaranse  ao lado dos carteis en que figura a pregunta ao final da actividade.

  • A actividade desenvolverase entre o día 18 de novembro e o 7 de decembro.

  • O día 7  de decembro farase pública a listaxe de persoas que acertaron todas as preguntas  e realizarase un sorteo entre elas no que serán seleccionadas tres persoas.

  • O sorteo  terá lugar na biblioteca no segundo recreo  o día  9 de decembro.

  • As tres persoas que resulten seleccionadas recibirán como premio, cada unha,  un vale para libros por valor de 25 €  un exemplar do libro de  Chimamanda Ngozi:  Todos deberiamos ser feministas.


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: