Skip to content
09/10/2016 / lernolosada

24 de outubro: Día Internacional das Bibliotecas Escolares

I CONCURSO DE CARTEIS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

BASES DO CONCURSO:

1. O cartel deberá ter un slogan (frase breve ou texto curto con certa orixinalidade usado na propaganda comercial, política..) que deberá ser orixinal e ir acompañado dunha imaxe (fotografía ou debuxo).
O citado slogan deberá realzar os beneficios que a lectura produce nos lectores/as e a importancia de facer uso das bibliotecas escolares. A imaxe que o acompaña irá en consonancia coa mensaxe que intenta transmitirse.
2. TEMA: a lectura, a súa importancia, os beneficios que achega ao lector/a.

3. Ademais do galego, poden empregarse calquera das outras linguas impartidas no centro: castelán, francés, inglés, latín e grego. (En caso de utilizar unha destas últimas, o slogan orixinal deberá ir acompañado da correspondente tradución ao galego)
4. O cartel gañador empregarase para a elaboración dun modelo de marcador de libros.
5. Unha mesma persoa pode presentar varios carteis en diferentes idiomas (coa correspondente tradución ao galego)
6. Os traballos deberán enviarse a través do correo ler.nolosada@gmail.com. Tamén poden entregarse na biblioteca. Todos os carteis deben levar o nome e apelidos do/a participante e a categoría á que pertence. No asunto da mensaxe do correo electrónico escribirase : “ concurso día das bibliotecas”
7. PRAZO PARA ENVIAR OS TRABALLOS: ata o 20 de outubro (inclusive).
8. CATEGORÍAS:
A: Secundaria e FP básica
B: Bacharelato, ciclos e adultos
9. O fallo do concurso darase a coñecer o día 24 de outubro no 2º recreo na biblioteca.
10. Todos os traballos entregados formarán parte dunha exposición e serán difundidos nos espazos web do instituto.
11. PREMIOS:
               1º premio: 1 bono de 20 € para libros e outro de 5 € para a cafetería, por categoría
               2º premio: 1 bono de 10 € para a cafetería, por categoría
               3º premio: 1 bono de 5 € para a cafetería, por categoría

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: