Skip to content
02/04/2016 / lernolosada

Club de lectura

Esta é Antía Peleteiro, 1º de ESO, activa participante no club de lectura. Deixa aquí a súa opinión sobre a última lectura do club.

 

IMG_20160401_113947600_HDR

No club de lectura, o martes 23 de Febreiro,  comentamos a lectura do libro “Eu tamén son maniática” que é da mesma colección que o libro “Un xoven maniático”, que xa léramos anteriormente.

O libro é o diario dunha rapaza de 16 anos chamada  Sussie Payne. Fala da súa vida,  do que lle pasa e do que lle parece interesante. Escribe sobre un rapaz que coñeceu en París, sobre como organizarse nos exames, sobre as súas amigas, sobre a familia e moitos outros temas que forman un manual sobre a adolescencia divertidísimo.

A min gustoume moito xa que é moi fácil de ler e moi divertido e mostra a vida dunha adolescente antes da chegada das novas tecnoloxías, (internet, telefonía móbil, redes sociais, …)  que cambiaron tanto a maneira de relacionarnos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: