100 anos de Relatividade
Celebrouse no xa rematado ano 2015 o centenario da publicación, por parte do xenial físico Albert Einstein, da Teoría Xeral da Relatividade. Pero, que é iso da Relatividade?, que sabes sobre esta importante teoría da física?, que aplicacións ten na nosa vida cotiá?. Son centenares os libros de divulgación adicados a este tema para facer achegar ao público esta extraordinaria obra do intelecto humano. Para empezar, aquí tes un aperitivo, con subtítulos en galego.
Na nosa biblioteca tamén se atopa o título: El espacio es una cuestión de tiempo. Einstein: La teoría de la relatividad.
Nas páxinas deste libro mistúranse divulgación científica, datos biográficos e coñecementos de ciencia. E faino cun estilo rigoroso no fondo e ameno e sinxelo na forma. O contido do libro está distribuido en cinco capítulos: A revolución electromagnética, Todo movemento é relativo, Os pliegues do espacio-tempo, As escalas do mundo e O exilio interior.
No volume podemos atopar gráficos, ilustracións e recadros con información complementaria sobre algúns temas, outras personaxes ou curiosidades da época.
Unha boa recomendación.
Einstein. La teoría de la relatividad. El espacio es una cuestión de tiempo
David Blanco Laserna
RBA Coleccionables, 2015.
Deixar unha resposta