Skip to content
03/12/2015 / lernolosada

O día que o coñecín

Cheguei á biblioteca de Guimarei, da que é padriño o escritor e poeta Xosé Luna Sanmartín e sentei nunha cadeira.  Nese  intre entrou pola porta un señor  moi maior co que eu xa falara por teléfono días antes.uxía Foi unha sorpresa que me deu Xosé Luna, cando fun a súa casa. Erguinme e deixeille o sitio. Xosé presentounos, mentres  a súa ollada de agarimo se plasmaba nos meus ollos. El dicíame; “Uxía, xa me falaron de ti e dos teus soños así que perségueos e chegarás  a ser unha gran poeta, mira Xosé que comezou polo máis miúdo e agora que grande é”. Despois doume un exemplar de Memorias dun Neno Labrego, dedicoumo e acompañado dun “grazas” e dous bicos senteime. Mentres Xosé Luna presentaba o acontecemento onde ía dar a coñecerse o seu novo poemario “O Libro dos Bicos”, eu pensaba para min: “Grazas Neira Vilas, grazas polo consello máis fermoso que me deron nunca, grazas”. Ese intre quedoume marcado aí, aí no corazón. Mentres eu recitaba un poema naquela habitación chea de xente todos me miraban pero, non podía deixar de contemplar aqueles ollos que se fixaban en min con paixón e agarimo, os de Xosé, os de Xosé Neira Vilas. E dende aquelo, foi e seguirá sendo un dos meus maiores ídolos.

Grazas Xosé. Sempre no noso corazón.

Uxía Rodríguez Nebra. 2º ESO B

neira_vilas

Advertisements

One Comment

Deixar un comentario
  1. Heladio / Dec 4 2015 4:41 pm

    Moi bonito Uxía, seguro que a Neira Vilas lle encantaría coñecer a pegada que deixou en ti, como en outra moita xente. Así que agora… que se cumpran os teus soños!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: