Skip to content
29/11/2015 / lernolosada

ADEUS A XOSÉ NEIRA VILAS

De papalibros (IES de Melide)

Este venres 27 de novembro, xa avanzada a mañá, o alumnado de literatura galega de 2º BAC preparaba apresuradamente para proxectar nos corredores unha imaxe de Xosé Neira Vilas cun breve pé que aclaraba que o autor de Vila de Cruces nos deixara. Poderíamos escribir aquí un artigo extenso gabando as calidades do autor e da persoa que foi Neira Vilas, pero hai abondosa información na rede e nos medios. Aquí e agora gustaríanos, gustaríame facer unha breve reflexión, xa a título persoal, do que supuxo Memorias dun neno labrego para aqueles que nacimos nos anos 60 do pasado século e nos botamos a ler nos 70.

Non me lembro con exactitude cal foi o prime

12308560_1086771768000931_9207349036106246045_n

Neira Vilas adicándolle un libro a Xosé Eixo

iro libro, libro-libro, refírome, que lin en castelán, pero si me lembro que o primeiro libro que lin en galego era Memorias dun neno labrego, lectura obrigatoria, se mal non recordo, naquel 1º de BUP no que eu tería uns catorce anos. A lectura non fora fácil porque o vocabulario era complicado e non tiñamos dicionarios axeitados. A miña foi a primeira promoción que estudara lingua galega no instituto. Daquela o material didáctico estaba por facer, había un único libro de texto e non gardo na memoria literatura xuvenil en galego a non ser unha tradución do Principiño, que por fortuna tiña na casa, e que por moito debuxiño que tivese non acababa de convencerme… (quen dixo que esta era unha lectura para nenos?).

Cando conseguín ir superando as dificultades do léxico e avanzando a novela descubrinme igual de prendida que con outros libros que lera, xa non era capaz de parar até saber se habería xustiza para Balbino, odiaba a Manolito, sentíame resarcida cando lle guindara a pedra e choraba de carraxe cando seu pai o castigara brutalemente.
Parafraseando a Carlos Negro, eu nunca fóra nena de aldea, máis a aldea entrou en min non só a través da casa dos avós paternos, na aldea de Cabeza de Vaca, en Ourense, senón tamén a través dos libros da Triloxía do neno de Neira Vilas. Con el descubrín a historia da xente humilde do meu país, que ás veces non é a que se conta nos libros de texto, unha historia de asoballamentos, inxustizas e desigualdades, pero cun ingrediente novo, a dignidade que Neira Vilas lle devolvía a aldea.

Voltei a mirar para o río e a comparalo cao vida. Coa vida de todos. A da xente que facía a labra, a dos que estaban lonxe, ou 12274652_651062428367006_1850863459900522414_nnavegando, ou aínda non nasceran. ¡Que procesión inmensa é o mundo! Que feira, onde a todas horas chegan uns e outros vanse.

Memorias dun neno labrego

Grazas polas túas lecturas, Xosé, por facernos máis agradable este río da vida.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: