Skip to content
04/11/2015 / lernolosada

Neurociencia para Julia

Xurxo Mariño é un deses divulgadores que consegue acaparar toda a túa atención cando está falando de  ciencia, neuroloa. Son famosos os seus espectáculos “Discurshow”, charlas teatralizadas e nas que conta coa colaboración do actor Vicente de Souza.

Todo ese carisma e saber facer á hora de falar, explicar e divulgar trasladouno a “Neurociencia para Julia”, editorial Laetoli 2012, 217 páxinas; un libro onde explica en segunda persoa e dun xeito sinxelo todo aquilo que necesita saber calquera persoa que desexe tomar contacto por primeira vez coa neurociencia. Evidentemente, tamén é idóneo para todos aqueles que xa leron sobre o tema e lles interesa saber máis del.

O mellor do libro de Xurxo é que che deixa con ganas de máis. Cada un dos 24 capítulos é unha breve exposición dun tema. Por exemplo, nas 10 páxinas do capítulo 13, “O misterio do soño”, descríbese como renace o teu “Eu” cada mañá ao espertar, todas as fases do soño, como se observan nos experimentos e cales son as teorías máis importantes sobre a súa función. Noutro capítulo, todo o que sempre quixeches saber sobre o efecto das drogas (“sustancias que alteran o funcionamento normal do sistema nervioso”) telo nas 8 páxinas do capítulo 17, “Moléculas que cambian o “Eu””.

No libro atopamos unha explicación sinxela e amena da sucesión de sinais que se activan cando movemos un dedo do pé ou a enorme cantidade de conexións que se poñen en marcha cando temos un recordo. Explícanse tamén, con claridade, os resortes químicos que condicionan o «eu», o que sucede cando falamos, soñamos ou cando a nosa misteriosa mente escribe poesía.

neurociencia

Cita do Libro:

Eres tus recuerdos. Cada vez que te despiertas por la mañana sucede algo que, no por cotidiano, deja de ser impresionante: la mente consciente, tu “yo”, reaparece como surgido de la nada tras unas horas de inconsciencia (quizá con alguna aparición fugaz durante los sueños). Si vuelves a ser tú, Julia, día tras día, con tu mente consciente particular, es porque tu encéfalo almacena una enorme cantidad de información que puede ser usada para conformar tu “yo” cada vez que reaparece. La memoria no sólo es útil para planificar, generar predicciones de movimiento o para recordar un número de teléfono, una cara, un lugar o los detalles de la caída del Imperio Romano. La memoria es el sustrato de tu propia existencia como una mente consciente individual que se perpetúa en el tiempo”.

Estas son algunhas das moitas cuestións fascinantes nas que te mergullarás ao ler Neurociencia para Julia. Tratadas dun xeito rigoroso pero sinxelo, cunha linguaxe  amena. Podes atopalo na Nosa Biblioteca.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: