Skip to content
05/03/2015 / lernolosada

Conferencia, representacións, exposición… MULLERES MATEMÁTICAS

IMG_20150305_112241Mañá venres, 6 de marzo, e con motivo da celebración do 8 de marzo: Día da muller, no IES Antón Losada haberá unha conferencia dobre.
Leva por título: Si. Son muller matemática. E que?
Na primeira parte a profesora da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, Mª Elena Vázquez Abal, fará un percorrido pola historia dos avances matemáticos protagonizados por mulleres, analizando criticamente a influencia dos prexuízos sociais e educacionais que ocultaron, e ocultan, os logros científicos debidos a mulleres matemáticas. Remátará esta andaina histórica con exemplos actuais que poden servir de modelo para as futuras mulleres matemáticas do século XXI.
Na segunda parte intervirán 15 alumnas de bacharelato do IES Antón Losada Diéguez, asumíndo en primeira persoa a 15 mulleres científicas destacadas da historia . Exporán a súas vidas e as dificultades que, polo feito de ser mulleres, tiveron para desenrolar un traballo deste tipo historicamente asociado a un rol masculino.

Nomes das alumnas e das científicas:

Alumna Científica
Lorena Ramos TEANO
Sheila Costa HEDUANNA
Noemí Nodar ELENA PISCOPIA
Sheila Carbia GAETANA AGNESI
María Bugallo EMILE DE BRETEUIL (MARQUESA DE CHATELET)
Sandra Calviño CAROLINA LUCRECIA HERSCHEL
Iria Sueiro SOPHIE GERMAIN
Silvia Iglesias MARY FAIRFAX SOMERVILLE
María Sánchez SONIA KOVALEVSKAJA
Ada Porto ADA BYRON
María Pereiras MILEVA MARIC
Carla Díaz EMMY NOETHER
Mónica Conde MARY LUCY CARTWRIGHT
Antía Expósito MARIA GOEPPERT-MAYER
Mirian Deber MARIA WONENBURGER
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: