Skip to content
11/02/2015 / lernolosada

Falta de educación, un vídeo do Quinteiro do Umia

O ensino público está a ser unha das principais vítimas desta situación económica bautizada como crise. A nova configuración social que está a xurdir producirá un modelo educativo que non atalla as desigualdades sociais, senón que as aumenta. Tratamos de traducir os grandes titulares que vemos nos medios de comunicación ao día a día e á súa repercusión nas aulas. Preguntamos polos efectos reais dos grandes recurtes orzamentarios. Entrevistamos a Eladio Fernández, mestre do IES Antón Losada da Estrada, a José Manuel García, mestre no CPI Don Aurelio de Cuntis e Martín Torres, alumno tamén de Cuntis. Orzamentos, LOMCE, material escolar, relixión, situación nas aulas… Debuxamos un panorama social da realidade máis inmediata coa que convive a comunidade educativa que nos rodea.
Músicas: ‘Pedagoxía do opresor’, de Nao. ‘Esparadrapo’, de Ataque Escampe e ‘Slowly, amigha!’ de Sacha na horta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: