Skip to content
03/02/2015 / lernolosada

Pedro Brey Guerra, o fotógrafo da xente da Estrada

escola dentroPedro Brey Guerra (1889-1967) foi un mestre de escola nas parroquias de Arnois e Oca, no concello da Estrada. Afeccionado á fotografía, deixounos unha fermosa e evocadora galería de persoas e paisaxes, un retrato da vida rural nas décadas anteriores á Guerra Civil. Imaxinar a vida (dura coma os seus rostros) dos veciños que posaron para a cámara de Pedro Brey constitúe unha auténtica e creativa lección sobre o noso pasado, sobre a nosa identidade.

Os boletíns de inspección da época dan información precisa das condicións de traballo de Pedro Brey. Así, nunha visita ordinaria efectuada en 1921, cando levaba cinco anos exercendo na escola de Arnois, o inspector anota:O ensino encontrase en estado satisfactorio, aínda que dificulte moito o labor do mestre o excesivo número de alumnos e as pésimas condicións do local… Inservible para o obxecto, mal iluminado e con mala ventilación, sen patios de recreo, nin lavabos, nin retretes, cunha soa dependencia de 8,5 por 3,5 por 2,15 metros. Cun presuposto total de 2.750 pesetas ao ano, incluído o soldo do mestre. Cun número total de 130 alumnos matriculados, sistema mixto, de idades entre 8 a 12 anos; que teñen que percorrer camiñando, desde a súa casa á. escola, até 4 km de distancia, e que asisten irregularmente a clase porque axudan nos labores do campo. E 28 alumnos de entre 14 e 31 anos, labradores de profesión predominante. Escola situada nun val, na estrada de Ourense a Santiago. Zona de industria e comercio moi escaso, e bastante emigración.

(texto do libro ‘Pedro Brey, a parroquia retratada’, editado polo CGAI)

Botádelle unha ollada ás fotos na páxina de abaixo, paga a pena.
http://www.tabeirosmontes.com/pedro-brey-guerra.html

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: