Skip to content
30/01/2015 / lernolosada

Arredor da Paz: o Sahara e teatro

Este ano, seguindo o tema do noso proxecto de Biblioteca, estamos a realizar diversas actividades relacionadas co conflito do Sahara Occidental. Nas titorías, coordinados polo Departamento de Orientación, traballaron co documental Hijos de las nubes. La última colonia, dirixida por Álvaro Longoria. Ao mesmo tempo visitaron a exposición realizada polo Departamento de Xeografía e Historia sobre a Historia do pobo saharaui, situada no corredor da biblioteca, e respostaron a un cuestionario sobre a mesma:

http://africanolosada.blogspot.com.es/2014/10/historia-do-pobo-saharaui.htmlfotos día paz

Contamos tamén coa colaboración da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS), que nos ofreceu unha exposición de fotografías realizadas nos campamentos de refuxiados de Tinduf por José Manuel Peixoto (Foto Souto). Ademais, este luns 2 de febreiro dous membros desta organización (Maite Isla Avión, presidenta, e Pablo Chorén, vicepresidente) impartirán dúas charlas:

– Ás 11,35 h para o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bach.: Historia do conflito do Sáhara

– Ás 12,45 h para o alumnado de 2º e 3º da ESO: O programa de acollida de nenos saharauis en Galicia

Por outra banda, tamén dispuxemos unha serie de recursos bibliográficos no expositor do corredor, baixo o título: ‘Coñecer a guerra para procurar a paz’.

E non podemos esquecer ao noso grupo de teatro, Avelaíñas Teatro, cuxa arte interpretativa mellora día a día. Neste Día da Paz acudiron ao noso colexio irmán, o CEIP de Figueiroa, para agasallar a todo o alumnado coas súas escenas cheas de maxia e color, transmitindo sempre valores positivos, mensaxes para a convivencia, para a paz.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: