Skip to content
30/11/2014 / lernolosada

Conferencia de Francisco Carballo na Estrada: Lingua e Historia

O 16 de abril do 2010 Francisco Carballo achegárase á Estrada da man da agrupación local de Queremos Galego e impartira esta conferencia sobre a “Historia da lingua”. Onte soubemos do falecemento deste teólogo, historiador  e promotor de numerosas iniciativas culturais centradas en Galicia tales como os xornais A Nosa Terra ou o Sermos Galiza.
Nesta conferencia Francisco Carballo ofrécíanos toda unha lección sobre o desenvolvemento histórico da lingua galega e no que se ofrece algunhas chaves para abrir as portas da interpretación da actual situación sociolingüística na nosa terra.
Entre as obras que nos deixou este activista da cultura e da política galega vou deixar aquí referencia dunha participación nun traballo colectivo editado por Xistral nos anos 80: Castelao contra a manipulación e no que participa cun traballo titulado Castelao no seu tempo que remata lembrando que “Castelao morre coa ilusión dunha Galicia republicana, libre e soberana”, ideas das que el sería un digno defensor.

<p><a href=”http://vimeo.com/12691989″>Lingua e historia. Francisco Carballo</a> from <a href=”http://vimeo.com/tabeirosmontes”>Tabeir&oacute;s Montes</a> on <a href=”https://vimeo.com”>Vimeo</a&gt;.</p>

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: