Skip to content
30/11/2014 / lernolosada

Ciencia na Biblioteca

Enrique Cao

experimentos na bibliotecaSabemos que a ciencia é a mellor ferramenta para a comprensión do funcionamento do mundo, ese conxunto de técnicas e métodos que se utilizan para alcanzar o coñecemento dos fenómenos naturais. Un dos seus piares é a experimentación como forma de comprobación ou refutaciòn de hipóteses.

Ciencia e experimentación foi o que fixemos o pasado xoves 13 de novembro na nosa biblioteca como celebración da semana da ciencia. Utilizando materiais de uso cotiá ou que se poden conseguir fácilmente no supermercado, levamos á práctica catro atractivos experimentos:

– Utilizando un punteiro láser e unha cubeta con auga fecemos visible o raio do láser e vemos os fenómenos da refracción, reflexión da luz, así como o ángulo límite e a reflexión total.

– Usando auga, aceite e alcohol facemos unha columna de densidades na que se analiza este concepto e a flotabilidade de distintos materiais.

– Analizamos a “GAIOLA DE FARADAY” usando teléfonos móbiles, papel de aluminio, folla de papel e plástico.

– MetImos un ovo cocido nuha botella sen tocalo. Aproveitamos a termodinámica dos gases, neste caso o aire, para facelo.

Divertímonos e aprendemos facendo ciencia. Seguiremos experimentando.

Premendo na imaxe podes ver máis fotos do evento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: