Skip to content
16/11/2014 / lernolosada

En recordo de Gándara

3225_73837337411_2297362_nOnte unha noticia brutal conmocionou a todos os que formamos a comunidade do Losada. José Manuel Gándara falecía nun dramático accidente de tráfico. Todas as mortes son terribles, inaceptables por irremediables, pero moito máis cando o falecido é unha persoa nova, de só 43 anos. E só nos queda a memoria, o recordo do tempo pasado ao seu carón.

Gándara chegou o curso pasado ao Losada e neste curto período gañouse a estima e o cariño de todos. Comprometido co seu traballo, sempre foi unha persoa afable, plácida, sociable. A pesar do cansazo que, ás veces, translucía o seu rostro polas malas noites que lle daban os seus pequenos (ou o úrico) el sempre ofrecía un sorriso sereno e un saúdo amigable. Era desas poucas persoas que lle fan a vida agradábel aos demais, tan tenro como anchas eran as súas costas de xogador de rugby. Compartir con el un café ou o coche era un pracer cotiá que calou en todos nós suavemente, sen estridencias.

Xa non poderemos gozar máis da súa compañía, pero quédanos o consolo de todos eses bos momentos que recordaremos con pena, pero tamén co agrado de ter coñecido a unha boa persoa, á que seguiremos querendo na nosa memoria.

Unha forte aperta e moito ánimo para a súa familia. Todo o que deixou entre os seus compañeiros e compañeiras foi bo, foi un orgullo coñecelo. Boa viaxe, amigo.

EL VIAJE DEFINITIVO

… Y yo me iré. Y se quedarán los pájaros
cantando.
Y se quedará mi huerto con su verde árbol,
y con su pozo blanco.

Todas las tardes el cielo será azul y plácido,
y tocarán, como esta tarde están tocando,
las campanas del campanario.

Se morirán aquellos que me amaron
y el pueblo se hará nuevo cada año;
y lejos del bullicio distinto, sordo, raro
del domingo cerrado,
del coche de las cinco, de las siestas del baño,
en el rincón secreto de mi huerto florido y encalado,
mi espíritu de hoy errará, nostáljico…

Y yo me iré, y seré otro, sin hogar, sin árbol
verde, sin pozo blanco,
sin cielo azul y plácido…
Y se quedarán los pájaros cantando.

Juan Ramón Jiménez

Advertisements

One Comment

Deixar un comentario
  1. Inés / Nov 20 2014 5:58 pm

    Gracias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: