Skip to content
30/10/2014 / lernolosada

Eva: “Sempre me gustou ensinar. Desde pequena xogaba cos meus bonecos a darlles clase.”

eva

Entrevista a Eva, nova profesora de lingua e literatura do I.E.S. Antón Losada Diéguez. Fixémoslle unhas preguntas e respondeunos con moita amabilidade.

1) Por que elixiches ser profesora?
Sempre me gustou. Desde pequena xogaba cos meus bonecos a darlles clase.

2) Por que castelán en lugar de galego?
Boa pregunta, probablemente porque tiven unha moi boa profesora de literatura española no instituto que me fixo amar moito os libros e apasionarme pola literatura.

3) Elixirías impartir outra materia que non fose lingua castelá?
Si, por que non? Pero para iso hai que ter formación e xa hai profesores moi cualificados. Gústame moito a literatura galega e a filosofía.

4) Cantas horas traballas?
Os profes traballamos no instituto e tamén na casa. Sempre temos que correxir ou preparar clases.

5) Gústache o horario que tes?
Si, está ben.

6) Gústache o instituto onde traballas?
Si, moito. Os alumnos son moi bos e hai moi bo ambiente. Ademais hai un montón de árbores no patio que fan o sitio máis agradable.

7) Gústache con quen traballas?
Si, son moi agradables. Hai moi bo ambiente, é moi fácil traballar con eles. Rímonos moito.

8) En que instituto che gustaría estar?
Gústanme os institutos de pobos non moi grandes pero intento adaptarme ao que sexa. Se pode ser que non quede moi apartado.

9) Tiveches algún problema con algún alumno?
Non, por agora non, espero que siga así.

10) Por que non vives na Estrada?
Por motivos familiares vivo en Santiago.

11) Gústanche os deportes?
Gústanme os deportes relacionados co mar.

12) Cales son as túas aficións?
Encántame viaxar, a música, a fotografía, pero, sobre todo, ler.

13) Cal é o teu libro favorito?
Esta pregunta é moi difícil de contestar. Non teño un único libro favorito, teño varios. Aínda me quedan moitos por ler! Un libro que me gustou moito foi “A comedia humana” de William Saroyan.

14) Gústache a música?
Si, encántame, moitos estilos distintos (rock, instrumental, clásica, alternativa) depende do momento.

15) A onde viaxarías?
Viaxaría a calquera parte do mundo.

Entrevista realizada por Santiago Esmorís 3º PDC

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: