Skip to content
21/10/2014 / lernolosada

ENTREVISTANDO A UN LABREGO DO TEATRO CONTEMPORÁNEO.

Afonso foto 2

Aquí vemos a Afonso, “entrevistando” a un futbolista adolescente.

Afonso é profesor de lingua e literatura, no IES Antón Losada Diéguez da Estrada, aínda que neste curso non imparte clase aquí. É o director do grupo teatral “Avelaiñas Teatro”.

1) De onde es?                                                             

De Palas de Rei (Lugo).

2) Onde vives?

En Palas de Rei (Lugo) e Cacheiras (Teo).

 3) Onde estudaches?

Primaria en Palas de Rei, Secundaria e Bacharelato en Melide; Maxisterio en Lugo e Filoloxía en Santiago.

4) Como te definirías?

Labrego do teatro contemporáneo.

5) Se non foras profesor, que traballo che gustaría ter?

Actor ou director de teatro.

6) Por que che interesa o teatro?

Porque me permite transformar e mellorar o entorno que me rodea e a min mesmo; ser máis completo e pleno; vivenciar a ledicia absoluta…

 7) Onde che gustaría ir de vacacións?

Galicia, África, Asia… calquera lugar me atrae. Encántame viaxar

8) Practicas algún deporte?

Si. Atletismo, natación, bádminton, ciclismo.

9) Gústache vivir no lugar onde vives?

Si, aínda que, ás veces, penso en trasladarme a unha aldea.

10) Gústache a música?

Si. Todo tipo de música: folk, heavy, clásica, rock… depende do momento.

11) Cal é o teu animal preferido?

A avelaíña (se se pode considerar un animal). Tamén me gustan moito as vacas e os cans.

12) Interésache o cine?

Moito.

13) Cal é o teu libro preferido?

Uf!!! Que difícil quedarse cun só! Cousas de nenos, de Castelao.

14) Cal é a túa película preferida?

Amelie.

15) Se tiveras unha máquina do tempo. A que época viaxarías?

A prehistoria.

Entrevista realizada por: Ismael Riveiro 3º PDC

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: