Skip to content
04/06/2014 / lernolosada

Compañía K, de William March

NA NOSA BIBLIOTECA

Eladio AnxoCompañía K

William March naceu en 1893, cursou a carreira de Dereito e, cando Estados Unidos entrou na I Guerra Mundial en 1917, alistouse no Corpo de Marines, participando en distintas batallas en Francia, recibindo condecoracións pola súa actuación na fronte. Despois da guerra traballou de executivo, e en 1933 publicou Compañía K, iniciando unha carreira como escritor. Morreu en 1954.

De entrada, dous aspectos me sorprenderon desta novela: a súa estrutura e a data da súa publicación. O libro componse coas testemuñas de 113 soldados, breves e sinxelas, conformando un conxunto extraordinariamente coherente e orixinal, que lle dá un carácter moderno, atemporal. Ambientado na Grande Guerra, podemos situalo en calquera guerra. A protagonista é a morte, ameaza constante para todos os homes embarcados nos eternos conflitos armados. O único obxectivo é sobrevivir ao absurdo e a barbarie, aínda que tamén haxa que matar.

Esta auténtica obra mestra só puido ser escrita por alguén que estivo nas trincheiras. March recorre a episodios case anecdóticos, contados en primeira persoa por soldados (algúns falan despois de mortos) que nos contan distintas experiencias e sensacións, que encaixan perfectamente ata constituír unha perfecta alegación antibelicista. Arrepiante tanto polo contido como pola facilidade coa que pasamos as páxinas. É este outro dos grandes méritos do autor, consegue facernos sentir o sufrimento dos soldados e o desatino das guerras sen dramatismos nin discursos, e ademais entretenos e engánchanos desde o principio. Isto é o que hai, isto é a guerra (antes e agora).

Unos minutos más y entraremos a atacar. Oigo el tictac de mi reloj. Este silencio es peor que el bombardeo en sí. Nunca he estado bajo fuego enemigo y desconozco si podré soportarlo. No imaginaba que fuera a ser así. Quiero dar media vuelta y echar a correr. Supongo que soy un cobarde.

Non hai batallas, case nin hai un marco xeográfico, todo se centra nas impresións do vivido polos soldados. Hainos desapiadados, hainos fríos coma unha navalla, adaptados ao medio, pero a maioría reflicte a dor física e moral provocada pola matanza. E ao mesmo tempo, aí está tamén a fascinación polo extraordinario fronte a aburrida, e angustiosa, vida cotiá. Desde ao alistamento ata o campo de batalla, onde se sofre e se morre, todo é novo, fóra do común. Por iso todos quedan marcados pola experiencia traumática, e volver á rutina non é fácil. Cruzamos o océano, padecemos, matamos… para nada. Nada cambiou, só nós.

Nas trincheiras todo son palabras baleiras: patria, valores, Deus. Os inimigos (tan humanos coma nós) loitan polo mesmo, e todos rezan pola aniquilación do contrario. Pero non se pode escapar da mentira, a loita continúa, e escríbense cartas aos familiares dos soldados mortos onde se oculta o horrible e todo se enmascara coas mesmas palabras falsas e grandilocuentes. A pantomima continúa.

Estaba sentado en el despacho de la compañía escribiendo las cartas (…). Concedí a cada hombre una muerte gloriosa y romántica con unas últimas palabras pertinentes, pero al cabo de unas treinta cartas yo mismo me atragantaba con las mentiras que estaba contando. Decidí que en al menos una de las cartas diría la verdad, y esto es lo que escribí:“(…) Vivió como un animal asustado, pasando frío y hambre. Entonces, el día 6 de junio, le alcanzó un pedazo de metralla y sufrió dolores horrorosos mientras agonizaba lentamente. Nadie hubiese creído que pudiera sobrevivir aquellas tres horas, pero así fue. Pasó tres horas enteras entre gritos y maldiciones. Verá, no tenía nada a lo que aferrarse: había aprendido hacía tiempo que lo que usted misma, su madre, que tanto lo quería, le había enseñado a creer mediante unos sustantivos tan inanes como honor, valentía y patriotismo era una enorme mentira…”(…)
Me levanté, me eché a reír y rompí en pedazos la carta que acababa de escribir.

Unha estrutura narrativa áxil, orixinal, con poucas palabras, só as xustas para co sinxelo construír a mensaxe universal das (baixas) paixóns humanas. A gran pregunta é porque persoas (como William March), preparadas e coñecedoras das trampas, se presentan voluntarios e participan con entusiasmo na loucura colectiva. Hoxe e sempre só uns poucos son quen de negarse a matar a outros seres humanos cando a propaganda patrioteira invade a sociedade. As mulleres e homes que desertan son os verdadeiros heroes, o exemplo a seguir, pero a eles non se lle fan honores nin se lle levantan monumentos.

Un libro redondo, polo que narra e como o narra, que paga a pena ler máis dunha vez… A ver se aprendemos!!

Entonces me acordé de lo que me había dicho mi antiguo sargento de instrucción cuando todavía estaba en el campamento militar: ‘A los soldados no les corresponde pensar –dijo-. En teoría, si supieran pensar no serían soldados. Los soldados tienen que limitarse a cumplir lo que se les dice y dejar que piensen los oficiales superiores’.’Bueno –me dije-, me imagino que no es asunto mío. Supongo que estoy aquí para cumplir órdenes’.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: