Skip to content
03/04/2014 / lernolosada

El bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez

Sara Neira, 3º ESObosque animado

O bosque animado sitúase na fraga de Cecebre, e comeza describíndonos que é unha fraga: diversidade. O home, non ve nun bosque diversidade, beleza, a conexión co natural,…. Non, o home ve os cartos dun bosque ou mira de poder facer un pícnic. Isto descríbeo moi ben o autor, e creo que todos deberiamos facer unha profunda reflexión sobre iso, que é verdade. Mirar a natureza con outros ollos.

Wenceslao entenrécenos e tamén entristécenos coas súas historias, pero á vez gozas lendo. Fálanos da cobiza humana cara a natureza, por exemplo, a unha toupa, Furacroios de nome, arrebátanlle a súa parella para facerse a manga dun triste abrigo de pel. Pero tamén da cobiza de humanos a humanos, a pobre Pilara que por medo a súa tía morreu saltando do tren. Fálanos duns gatos revolucionarios, de historias de labregos, de pantasmas que viaxan ás Américas coa Santa Compaña. De pobres que lle dan de comer aos pais,..

O autor trasládanos a o rural, na época na que colocaban as liñas telefónicas. Na época na que había leiteiras, e na que a maioría dos ladróns non levaban traxe, se non que vivían nos bosques e soñaban con roubarlle ao crego.

Un pequeno, pero gran libro que recomendo ler toda persoa para “despertar” o seu lado natural.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: