Skip to content
25/02/2014 / lernolosada

Éxito de Aveláiñas Teatro en Ourense

As representación de ‘Faíscas’ no Principal de Ourense foron todo un éxito. Non só pola calidade da escenificación, senón tamén polo que supón desde o punto de vista educativo, o máis importante pois estamos a falar dunha actividade escolar, de aprendizaxe. Así o comentou unha profesora que asistiu ao pase da mañá:IMG_4483

A representación pareceume estupenda, a obra trata moitos temas que comentarei na clase cos alumnos. Unha compañeira dicíame que o teatro era unha terapia estupenda e, por certo, debe ser moi complexo coordinar tantos rapaces e rapazas no escenario. Vaia traballón!!!

Algúns dos actores notábase que tiñan dificultades, así que mellor exemplo de solidariedade que ese, imposible. Non saben estas nenas e nenos a sorte que teñen de que haxa profesorado implicado en proxectos coma este!!!

Felicítovos a todos de corazón. Isto é o que tiñan que ver Wert, Aguirre e outros que teñen a mesma concepción da educación ca eles. EDUCAR en letras maiúsculas é algo máis que dar unha clase maxistral, é ensinar a VIVIR, tamén en letras maiúsculas… e iso é o que facedes vós.

Aínda que co tema dos recortes e a LOMCE moito profesorado está decidindo non facer actividades de ningún tipo, que erro!! Non de decatan que o alumnado é a vítima e que máis que nunca hai que sacalos das aulas para ensinalos a pensar libremente.

Fotografías da preestrea en Catrogatos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: