Skip to content
22/01/2014 / lernolosada

Lendo contos no Figueiroa 2013

Un ano máis os Retelladores visitamos o 19 de Nadal o CEIP de Figueiroa para levar novas historias aos alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria.

Este ano compartimos con eles Contos de África. Contos extraídos do libro “Todo se esfarela” de Chinua Achebe (ed. Rinoceronte), e outros seleccionados da rede, como “As dúas caras do mundo”, “Buscando amigos”, “O Nadal de Jamela”, “A galiña e o elefante”, etc.  Un conxunto de contos e relatos que transmiten ensinanzas e valores para a convivencia, a autoestima e a superación personal. De fondo, unha presentación cos animais máis significativos da fauna africana.

Os nosos retelladores; Pablo,  Rubén, Brais, Alanis, Alba, Joel, Zoel, Laura, María, Carla, Mónica, Noelia, Sara e Andrea gozaron coa experiencia.

Ao mesmo tempo a compañía de teatro do Anton Losada, “Avelaiñas Teatro”,  representaba a obra “O bosque da poesía” no salón de actos de Figueiroa para o alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de primaria.

Dámoslle as grazas  á Dirección e aos profesores  do CEIP Figueriroa pola súa acollida e por compartir connosco estas actividades.

Premendo na imaxe podedes ver todas as fotos da sesión.

IMG-20131224-WA0028

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: