Skip to content
13/12/2013 / lernolosada

LA ZONA: A SOCIEDADE AMURALLADA

NA NOSA BIBLIOTECA

Eladio Anxo

A primeira vez que vin a película mexicana “La Zona” de Rodrigo Plá pareceume impresionante, deixoume abraiado e asustado. ‘A Zona’ é unha área residencial (de ricos, claro) amurallada dentro dun contexto urbano deprimido. A acción desátase cando tres mozos do outro lado conseguen entrar e… Non vos conto máis porque quero que a vexades sen coñecer a trama, só sabendo que é unha película case que imprescindible para todos aqueles que vemos o mundo no que vivimos con ánimo crítico e pensamos que se pode mellorar, que as cousas poden e deben cambiar, que as murallas só serven para crear cárceres douradas nas que ningún ser humano debe sentirse a gusto, que non se pode vivir con medo. En “La Zona” podemos ver reflectido o peor de nós mesmos, o peor da clase media que enche os supermercados. Só sendo conscientes dos nosos medos e prexuízos poderemos conseguir que a conciencia solidaria (o noso lado bo) triunfe sobre a comodidade aparente da xente ‘normal’.

Estamos obsesionados coa seguridade e coa propiedade. E aqueles que temos propiedades, aínda que estean hipotecadas, non queremos que nos molesten os que nos as teñen. Necesitamos aos pobres pero témoslles medo. Que traballen barato, si, pero ao rematar a súa longa xornada laboral que volvan axiña para o seu gueto. Estamos perdendo o que se consideraron tradicionalmente valores humanos máis elementais coa escusa da seguridade. O peor é que o discurso progresista, de esquerdas, que moitas veces foi, e é usado, de maneira demagóxica, agora semella que nin tan sequera é politicamente correcto. Agora, o discurso insolidario gaña terreo e as aspiracións de cambio, dun futuro con maior xustiza social, xa non venden. Como non hai nada que facer só nos queda defendernos, amurallarnos, usar as leis e a violencia institucional ou privada ao servizo da noso ‘modo de vida’. Pero, se nós usamos a violencia contra os desposuídos da terra, que razóns podemos aducir para que eles non a usen contra nós para sobrevivir?
O medo, que todos sentimos, non somos capaces de canalizalo cara unha mellor redistribución dor recursos, para que a violencia e o delito sexan innecesarios, senón cara a creación de ‘zonas’: a falsa seguridade, a sociedade amurallada. Un muro que a uns lles pode impedir entrar, pero aos outros lles impide saír.

Abaixo tedes un cuestionario para analizar o filme
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: