Skip to content
29/11/2013 / lernolosada

84, Charing Cross Road, de Helene Hanff

NA NOSA BIBLIOTECA

Heladio Anxocharing-cross-portada_250

As cartas que unha escritora de Nova York, Helene Hanff, lle escribiu durante máis de 20 anos, aos seus libreiros londinienses, nos anos posteriores á II Guerra Mundial, convertéronse nun libro de gran éxito, e máis tarde nunha película e unha obra de teatro.

O Londres da posguerra era unha cidade sometida aínda ao racionamento, onde moitos alimentos eran imposibles de atopar nas tendas. Así que, esta escritora culta e solitaria, comeza a enviarlles paquetes con comida e outros produtos, xunto ás cartas coas peticións de edicións selectas, dos seus amados libros, aos empregados da librería de segunda man, situada no 84, de Charing Cross Road.

Así vaise construíndo unha amizade epistolar entre as dúas beiras do Atlántico, mentres Helene vai adiando a viaxe ansiada a Londres, o que non consegue ata que o éxito deste libro lle proporciona o diñeiro necesario, cando o seu correspondente Frank Doel xa falecera. Compartiron vidas e sentimentos durante vinte anos e nunca se coñeceron.

As cartas, cheas de humor e retranca (ás veces pouco amables), son pequenas xoias onde se fala de libros e libras, pero tamén da vida, das alegrías e das penas, do cotiá, sinalando un contraste aparente entre a frialdade británica e a axitada personalidade de Helene. O afastamento xeográfico e temperamental vese superado polo vínculo que os une, o amor aos libros, construíndo unha amizade auténtica que non necesita da intimidade física. A publicación do libro foi unha homenaxe de Helene a Frank.

Un libro sinxelo, curto, pero fermoso e cun gran poder evocador, que nos ofrece moito máis que as palabras escritas, porque moitas cousas non necesitan dicirse (pero si anotarse no papel impreso). A historia dunha amizade soldada pola paixón pola lectura. Paixón que tamén non trasladan aos seus lectores, aos que nos emociona falar das lecturas compartidas. Falar e sentir a través dos libros, fascinante.

Advertisements

One Comment

Deixar un comentario
  1. Silvia / Dec 8 2013 1:27 pm

    Gustoume moito este libro, aínda que recoñezo que ao principio tiña as miñas dúbidas. Cando empecei a ler e vin que era un libro formado por cartas, pensei que me ía aburrir pero foi todo o contrario.

    Recordoume unha época non moi afastada na que nos comunicabamos a través de cartas, escribindo aos nosos familiares, amigos, enviando felicitacións…

    Quizais o que máis me sorprendeu é que os autores das cartas pasaban por unha época moi dura e difícil e non obstante non hai queixas, só agradecementos. Este libro déixame un sabor a superación, positivismo e que “xa virán tempos mellores”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: